Participa no Clube de lectura


Compartir lecturas 


Poderán participar todos aqueles membros da comunidade educativa que así o desexen: familias, docentes, membros do PAS, alumnos, etc.

Os textos serán seleccionados segundo o perfil dos compoñentes, así como as datas de reunión e periodicidade,así mesmo a dinámica que seguiremos: temas previstos, lectura libre, préstamos entre os compoñentes,etc.

O  obxectivo fundamental é potenciar a lectura na nosa lingua.


Fornecer as relacións entre membros da nosa comunidade educativa,entendendo a lectura como un elemento de vencellamento.
Gozar da afección á lectura como garante de sabedoría, arte e pracer .
Compartir ,recomendar, analizar libros que nos poidan provocar eses momentos de ausencia, de abstracción e podelos compartir.


Darase información a través dun enderezo electrónico: equipodinamizacion.linguagalega@vedrunaourense.es  e da páxina web do colexio. Anótate tamén neste correo. 

Comentarios